Subproxectos Proxecto HATHOR Posta en marcha dunha horta hidropónica accesible, automatizada con control remoto para persoas con discapacidade intelectual. Divertablet Creación dunha plataforma de recompilación de xogos que fomentan a estimulación cognitiva. Compra con-migo Desenvolvemento dun xogo terapéutico que simula a realización dunha compra nun supermercado mediante o uso de tecnoloxía NFC. Robots de acompañamento Personalización para o uso de robots sociais en sesións terapéuticas. Videoxogos personalizados Desenvolvemento de videoxogos personalizados e adaptados, segundo os intereses das persoas con discapacidade intelectual dos CAPD. Videoconsolas Categorización e dotación de videoxogos de interese terapéutico e deseño de adaptacións que permiten o uso accesible nos CAPD. Diana sensorial Fabricación dun armario con luces e sensores para traballar funcións psicomotrices. FestexAndo Dotación de dispositivos para a creación de salas de festas adaptadas as necesidades das persoas con discapacidade intelectual. griDALL-e Adaptación do programa Grid que permite a creación de obras de arte mediante o uso da Intelixencia Artificial. Impresión 3D Formación e implementación do uso de impresoras 3D. Estimulación sensorial Dotación de sensores e dispositivos lumínicos para a creación de ambientes de relaxación e estimulación sensorial. Realidade Virtual (RV) Selección de videoxogos de Realidade Virtual de interese para os CAPD. Pantallas dixitais interactivas Compilación de aplicacións e xogos para o seu uso en pizarras dixitais interactivas e formación no seu uso. Asistentes de voz Configuración adaptada ao uso de asistentes de voz nas diferentes estancias dos CAPD. Dispositivos informáticos Selección e personalización de aplicacións e xogos de interese terapéutico.