Divertablet é unha plataforma dixital que recompila unha variedade de xogos deseñados para a estimulación cognitiva. A súa interface simplificada elimina menús e pantallas secundarias complexas, garantindo unha experiencia de usuario accesible e sen barreiras. Os xogos están adaptados para traballar diferentes áreas cognitivas, como a memoria, a atención, a linguaxe e a motricidade, proporcionando un espazo de aprendizaxe lúdico e interactivo.
Todos os xogos seleccionados tiveron en conta as recomendacións dos profesionais e as necesidades dos usuarios, asegurando que cada actividade promove habilidades cognitivas e físicas. Ademais, incorporáronse opcións de accesibilidade como pictogramas, textos en lectura fácil e axustes para usuarios con dificultades motoras ou visuais.
Divertablet é unha aplicación móbil desenvolvida en Android Studio, deseñada para dispositivos Android e distribuída a través dun ficheiro APK instalable, que permite a súa implantación directa en tabletas sen necesidade de acceder a tendas en liña. A plataforma combina tecnoloxía móbil accesible e contidos terapéuticos para ofrecer un entorno de estimulación cognitiva interactiva e personalizada.
A arquitectura da aplicación baséase nun deseño modular e optimizado para rendemento en tempo real, integrando diferentes compoñentes de xogos e actividades que se executan de forma independente dentro dun entorno común. A interface gráfica foi desenvolvida con XML e compoñentes nativos de Android, priorizando a usabilidade, accesibilidade e simplicidade visual.
A plataforma elimina menús complexos e pantallas intermedias, ofrecendo un acceso directo aos xogos e evitando distraccións.
En canto ás funcionalidades técnicas, Divertablet inclúe:
Sistema de navegación simplificado mediante iconas e pictogramas.
Adaptación visual con textos en lectura fácil e alto contraste para usuarios con dificultade visual.
Bloqueo de peche para evitar que os usuarios abandonen o xogo sin querer, chamado modo quiosco.
Todos os xogos foron desenvolvidos seguindo recomendacións de profesionais en estimulación cognitiva e adaptados para traballar áreas como a memoria, a atención, a linguaxe e a motricidade fina. A integración destes compoñentes nunha única aplicación facilita o acceso a diferentes actividades terapéuticas dende unha interface unificada e segura. Os xogos foron separados en catro categorias seguindo as recomendacións dos profesionais:
A súa estrutura técnica e a distribución mediante APK fan que Divertablet sexa unha solución portable, personalizable e de fácil mantemento, apta para centros terapéuticos, educativos ou domicilios, garantindo unha experiencia inclusiva e sen barreiras tecnolóxicas