Videoxogos personalizados

Descripción de proxecto

O desenvolvemento de videoxogos adaptados permite a creación de experiencias lúdicas accesibles para persoas con diversidade funcional. Utilizando tecnoloxías como Unity, Maya e Render, deseñamos xogos que traballan habilidades clave como a coordinación, o tempo de reacción, a discriminación de obxectos e a planificación de actividades. 

A selección de mecánicas e contidos realizouse en base ás solicitudes dos profesionais e os intereses dos usuarios, garantindo que cada xogo contribúa ao desenvolvemento de habilidades cognitivas e físicas. Ademais, integráronse opcións de accesibilidade como control adaptado, pictogramas e textos en lectura fácil para facilitar a comprensión e o manexo dos xogos. 

Elixe a túa aventura

Desenvolveuse un emocionante videoxogo deseñado para persoas con diversidade funcional onde, a través da toma de decisións, o xogador crea a súa propia aventura nun bosque encantado. Ao longo do camiño, o xogador coñece a distintos personaxes en variadas situacións que fomentan a toma de decisións, o razoamento lóxico e a comprensión dos efectos causa-efecto. Cada elección realizada polo xogador influirá no desenvolvemento da historia, proporcionando unha experiencia interactiva.

Refuxio de xogos

Innovador videoxogo deseñado especificamente para persoas con diversidade funcional, dividido en tres xogos distintos. O Refuxio de Xogos conta con cinco actividades diferentes, cada unha delas orientada á práctica de distintos exercicios de psicomotricidade:

  • Xogo de cores: Nesta actividade, débense premer coa man ou co rato o círculo que teña a cor que se mostra na pantalla, practicando así tanto o recoñecemento das cores como a coordinación ollo-man.
  • Xogo de ordenar: Nesta actividade, o persoal profesional seleccionará unha ou varias das seguintes localizacións co obxectivo de recoñecer os obxectos que lles pertencen e colocalos nos seus correspondentes cadros. As localizacións son: baño, cociña, dormitorio e xoguetes.
  • Xogo de actividades: Nesta actividade, escóllense entre varias actividades e, seguindo as instrucións que aparecen na pantalla, débense seleccionar as accións que teñen que realizar para completalas con éxito.
  • Xogo de memoria: Nesta actividade amósase unha serie de catro obxectos con cores características nunha orde determinada. Despois de conceder un tempo para memorizar a secuencia, esta desaparece e deben reproducila. Este xogo permite seleccionar o tempo dispoñible, o número de obxectos que aparecerán na serie e o tempo que os botóns permanecerán visibles na pantalla.
  • Xogo de quebracabezas: Nesta actividade, débense escoller entre varios obxectos da vida cotiá. Unha vez seleccionado, o obxecto aparecerá desmontado e deberá ser recomposto en pezas. Abonda con achegar a imaxe á sombra do lugar ao que pertence para que se coloque automaticamente, facilitando así o traballo das persoas usuarias.

Equipo de traballo

  • Betania Groba González, terapeuta ocupacional, grupo de investigación TALIONIS
  • Adrián Parga González, técnico de desenvolvemento de videoxogos
  • Francisco Javier Rodríguez Alvarado, técnico de desenvolvemento de videoxogos
  • Raúl Martínez Díaz, técnico de desenvolvemento de videoxogos
  • Paula de Santos Dorrego, terapeuta ocupacional, grupo de investigación TALIONIS
  • Raúl Fraiz Gómez, terapauta ocupacional
  • Manuel Lagos Rodriguez, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Jorge Rivadulla Brey, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Iago Fernández Garrido, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS

Producción científica e divulgativa

Parga González, Adrián, Francisco Javier Rodríguez Alvarado, Raúl Martínez Díaz, y Paula De Santos Dorrego. 2024. «Development of Video Games for Therapeutic Purposes» in: Congreso XoveTIC: impulsando el talento científico (7º. 2024. A Coruña). A Coruña, España: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións.

Os videoxogos foron presentados y probados en distintos entornos divulgativos, entre eless:

  • Día da Ciencia na Rúa

  • Cullerciencia

  • Open Science Cambre

  • OSHWDEM

  • Maker Faire Galicia

Logo Xunta de Galicia Política Social
LOGO COLOR
ES_Financiado_por_la_Unión_Europea_RGB_POS