Estimulación sensorial

Dotación de sensores e dispositivos lumínicos para a creación de ambientes de relaxación e estimulación sensorial.

Descrición xeral do proxecto

Creación de ambientes multisensoriais equipados con dispositivos lumínicos, sonoros e táctiles que favorecen a relaxación, a estimulación cognitiva e o benestar emocional das persoas con discapacidade intelectual. Estes espazos están deseñados para proporcionar experiencias inmersivas adaptadas a cada usuario, permitindo a regulación sensorial en función das súas necesidades. 

A selección dos dispositivos e dos estímulos sensoriais foi realizada en colaboración cos profesionais dos CAPD, asegurando que cada elemento contribúa ao desenvolvemento de habilidades cognitivas ou físicas. Ademais, integráronse sistemas de Comunicación Aumentativa e Alternativa para facilitar a interacción e o control dos estímulos. 

Desglose técnico do proxecto

O proxecto consiste na creación de ambientes multisensoriais intelixentes deseñados para favorecer a relaxación, a estimulación cognitiva e o benestar emocional das persoas con discapacidade intelectual. Estes espazos combinan estímulos lumínicos, sonoros e táctiles que se adaptan ás necesidades de cada usuario, ofrecendo experiencias inmersivas e personalizadas que permiten a regulación sensorial de maneira controlada e segura.

A implementación realizouse mediante a integración de tecnoloxías domésticas avanzadas, como luces LED Govee, dispositivos Alexa, sensores Aqara Cube T1 Pro, Aqara Hub M1S e M2, e o controlador Broadlink Universal Remote, todos eles xestionados a través da aplicación Alexa Home. Esta infraestrutura tecnolóxica permite controlar a intensidade da luz, os sons e outros estímulos ambientais por medio da voz ou da interacción táctil, creando un entorno flexible e accesible.

Dende unha tableta, facendo uso da aplicación propia de Goove, pódese xestionar a iluminación da sala, elixindo entre cores específicas ou escenas predefinidas que combinan luces, sons e efectos para xerar distintas atmosferas. Os cubos interactivos permiten activar escenas completas cun movemento, facilitando a participación das persoas con dificultades motoras. A través do dispositivo Broadlink, é posible controlar a televisión por voz, acendendo, apagando ou cambiando de canle sen usar mandos tradicionais. Ademais, con Alexa, pódese modificar a cor e intensidade das luces mediante comandos de voz, potenciando a autonomía e a estimulación sensorial de quen utiliza o espazo.

Equipo de traballo

  • Doutora Carmen Miranda Duro, terapeuta ocupacional, grupo de investigación TALIONIS
  • Paula de Santos Dorrego, terapeuta ocupacional, grupo de investigación TALIONIS
  • Raúl Fraiz Gómez, terapauta ocupacional
  • Manuel Lagos Rodriguez, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Jorge Rivadulla Brey, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Iago Fernadez Garrido, enseñeiro Informático, grupo de investigación TALIONIS
Logo Xunta de Galicia Política Social
LOGO COLOR
ES_Financiado_por_la_Unión_Europea_RGB_POS