Dispositivos informáticos

Selección e personalización de equipos, aplicacións e xogos de interese terapéutico.

Descrición xeral do proxecto

Dotación e configuración de equipos tecnolóxicos adaptados para mellorar a comunicación, a aprendizaxe e o acceso ao ocio dixital nos CAPD. A selección de dispositivos fíxose tendo en conta as necesidades dos profesionais e usuarios, asegurando que cada equipo inclúa software e aplicacións de interese terapéutico, favorecendo o desenvolvemento de habilidades cognitivas e motoras. 

Os dispositivos seleccionados inclúen: 

  • Tablets e ordenadores con software de accesibilidade, con opcións de lectura fácil, narracións en voz alta e interfaces personalizables para facilitar o acceso á tecnoloxía.
  • Aplicacións de Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA), como sistemas de pictogramas, comunicadores e teclados adaptados. 
  • Programas de estimulación cognitiva, con xogos e exercicios que reforzan a memoria, a atención e a linguaxe. 
  • Productos de apoio, como teclados de contraste, botoneras ou ratones adaptados, que permitan o acceso a diferentes capacidades motoras e cognitivas.

Todos os dispositivos foron configurados con opcións de personalización segundo as necesidades individuais dos usuarios. Ademais, prestouse especial atención á integración de opcións de accesibilidade nos sistemas operativos e aplicacións, garantindo un uso sinxelo e adaptado. Tamén se impartiuse formación ao persoal dos CAPD para maximizar o aproveitamento destes recursos tecnolóxicos no seu uso terapéutico e educativo.

Desglose técnico do proxecto

Aos centros subministráronse os seguintes dispositivos informáticos co obxectivo de mellorar os recursos tecnolóxicos dispoñibles e favorecer a posta en marcha das diferentes iniciativas do proxecto. Esta dotación permitiu actualizar a infraestrutura dixital dos espazos e ofrecer ferramentas máis modernas, accesibles e adaptadas ás necesidades tanto dos profesionais como das persoas usuarias.

  • HP All in One Táctil EliteOne 840 
  • HP Envy x360 15-fh0001ns  
  • Tablet Samsung Galaxy Tab A9+   
  • Nintendo Switch 
  • Impresora Creality Print 3d k1 Max AI
  • Monitor Traulux 65” serie TX90 – TX6590 + soporte móvil motorizado 
  • Amazon Echo Show
  • Robobo + Smartphone Samsung Galaxy A14 y A15

  • OPS 
  • Mesa de sonido digital QSC mix 
  • iPad (8ª generación)  X
  • Gafa RV Meta Quest 3 128GB 
  • Samsung Galaxy Tab Active4 Pro 

Equipo de traballo

  • Paula de Santos Dorrego, terapeuta ocupacional, grupo de investigación TALIONIS
  • Raúl Fraiz Gómez, terapauta ocupacional
  • Manuel Lagos Rodriguez, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Jorge Rivadulla Brey, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Iago Fernadez Garrido, enseñeiro Informático, grupo de investigación TALIONIS
Logo Xunta de Galicia Política Social
LOGO COLOR
ES_Financiado_por_la_Unión_Europea_RGB_POS