Dotación e configuración de equipos tecnolóxicos adaptados para mellorar a comunicación, a aprendizaxe e o acceso ao ocio dixital nos CAPD. A selección de dispositivos fíxose tendo en conta as necesidades dos profesionais e usuarios, asegurando que cada equipo inclúa software e aplicacións de interese terapéutico, favorecendo o desenvolvemento de habilidades cognitivas e motoras.
Os dispositivos seleccionados inclúen:
Todos os dispositivos foron configurados con opcións de personalización segundo as necesidades individuais dos usuarios. Ademais, prestouse especial atención á integración de opcións de accesibilidade nos sistemas operativos e aplicacións, garantindo un uso sinxelo e adaptado. Tamén se impartiuse formación ao persoal dos CAPD para maximizar o aproveitamento destes recursos tecnolóxicos no seu uso terapéutico e educativo.
Aos centros subministráronse os seguintes dispositivos informáticos co obxectivo de mellorar os recursos tecnolóxicos dispoñibles e favorecer a posta en marcha das diferentes iniciativas do proxecto. Esta dotación permitiu actualizar a infraestrutura dixital dos espazos e ofrecer ferramentas máis modernas, accesibles e adaptadas ás necesidades tanto dos profesionais como das persoas usuarias.
Robobo + Smartphone Samsung Galaxy A14 y A15