Divertablet

Creación dunha plataforma de recompilación de xogos que fomentan a estimulación cognitiva.

Descrición xeral do proxecto

Divertablet é unha plataforma dixital que recompila unha variedade de xogos deseñados para a estimulación cognitiva. A súa interface simplificada elimina menús e pantallas secundarias complexas, garantindo unha experiencia de usuario accesible e sen barreiras. Os xogos están adaptados para traballar diferentes áreas cognitivas, como a memoria, a atención, a linguaxe e a motricidade, proporcionando un espazo de aprendizaxe lúdico e interactivo.

Todos os xogos seleccionados tiveron en conta as recomendacións dos profesionais e as necesidades dos usuarios, asegurando que cada actividade promove habilidades cognitivas e físicas. Ademais, incorporáronse opcións de accesibilidade como pictogramas, textos en lectura fácil e axustes para usuarios con dificultades motoras ou visuais.

Desglose técnico do proxecto

Divertablet é unha aplicación móbil desenvolvida en Android Studio, deseñada para dispositivos Android e distribuída a través dun ficheiro APK instalable, que permite a súa implantación directa en tabletas sen necesidade de acceder a tendas en liña. A plataforma combina tecnoloxía móbil accesible e contidos terapéuticos para ofrecer un entorno de estimulación cognitiva interactiva e personalizada.

A arquitectura da aplicación baséase nun deseño modular e optimizado para rendemento en tempo real, integrando diferentes compoñentes de xogos e actividades que se executan de forma independente dentro dun entorno común. A interface gráfica foi desenvolvida con XML e compoñentes nativos de Android, priorizando a usabilidade, accesibilidade e simplicidade visual.

A plataforma elimina menús complexos e pantallas intermedias, ofrecendo un acceso directo aos xogos e evitando distraccións. 

En canto ás funcionalidades técnicas, Divertablet inclúe:

  • Sistema de navegación simplificado mediante iconas e pictogramas.

  • Adaptación visual con textos en lectura fácil e alto contraste para usuarios con dificultade visual.

  • Bloqueo de peche para evitar que os usuarios abandonen o xogo sin querer, chamado modo quiosco.

Todos os xogos foron desenvolvidos seguindo recomendacións de profesionais en estimulación cognitiva e adaptados para traballar áreas como a memoria, a atención, a linguaxe e a motricidade fina. A integración destes compoñentes nunha única aplicación facilita o acceso a diferentes actividades terapéuticas dende unha interface unificada e segura. Os xogos foron separados en catro categorias seguindo as recomendacións dos profesionais: 

  • Acción e aventura.
  • Cifras e letras.
  • Inxenio e lóxica.
  • Actividades varias.

A súa estrutura técnica e a distribución mediante APK fan que Divertablet sexa unha solución portable, personalizable e de fácil mantemento, apta para centros terapéuticos, educativos ou domicilios, garantindo unha experiencia inclusiva e sen barreiras tecnolóxicas

    Equipo de traballo

    • Doctora Paula María Castro, enxeñeira informática, grupo de investigación GTEC
    • Doutora Adriana Dapena Janeiro, enxeñeira informática, grupo de investigación GTEC
    • Paula de Santos Dorrego, terapeuta ocupacional, grupo de investigación TALIONIS
    • Raúl Fraiz Gómez, terapauta ocupacional
    • Manuel Lagos Rodriguez, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
    • Jorge Rivadulla Brey, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
    • Iago Fernández Garrido, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
    Logo Xunta de Galicia Política Social
    LOGO COLOR
    ES_Financiado_por_la_Unión_Europea_RGB_POS