griDALL-e

Adaptación do programa Grid que permite a creación de obras de arte mediante o uso da Intelixencia Artificial.

Descrición xeral do proxecto

Implementación dun taboleiro dixital baseado en Grid 3 que permite a xeración de imaxes mediante intelixencia artificial (DALL-E). Esta ferramenta ofrece ás persoas con discapacidade intelectual ou dificultades motoras severas unha nova forma de expresión artística, permitindo a creación de imaxes sen necesidade de escritura ou interacción complexa con dispositivos electrónicos. Así, GriDALLe abre novas oportunidades no ámbito da accesibilidade tecnolóxica e da creatividade dixital. 

Desglose técnico do proxecto

Grid 3 é un software de comunicación aumentativa e alternativa pensado para apoiar ás persoas con discapacidade na súa comunicación e interacción co entorno. A través de imaxes, símbolos, texto e voz, permite crear taboleiros personalizados adaptados ás capacidades e intereses de cada usuario. Estes taboleiros están compostos por cuadrículas con celas interactivas, que executan accións como escribir, reproducir sons, abrir outras pantallas ou navegar por internet.

O programa ofrece diferentes opcións de acceso: rato, pantalla táctil, mirada, voz ou conmutadores, e pode configurarse en función das necesidades de cada persoa. Ademais, inclúe taboleiros predeseñados por profesionais e pola comunidade de usuarios, e tamén permite crear novos desde cero, personalizando cores, imaxes, distribución e comportamento das celas.

Dentro deste proxecto desenvolveuse a implementación dun taboleiro dixital baseado en Grid 3, que integra a xeración de imaxes mediante intelixencia artificial (DALL-E). Esta innovación permite que persoas con discapacidade intelectual ou con limitacións motoras severas poidan crear imaxes e expresións artísticas sen necesidade de escribir nin realizar interaccións complexas co dispositivo. A ferramenta, denominada GriDALLe, supón un avance significativo no ámbito da accesibilidade tecnolóxica e da creatividade dixital, ofrecendo unha nova vía de comunicación visual e expresión persoal.

Equipo de Traballo

  • Doutora Laura Nieto Riveiro, terapeuta ocupacional, Grupo investigación TALIONIS.
  • Paula de Santos Dorrego, terapeuta ocupacional, grupo de investigación TALIONIS
  • Raúl Fraiz Gómez, terapauta ocupacional
  • Manuel Lagos Rodriguez, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Jorge Rivadulla Brey, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Iago Fernadez Garrido, enseñeiro Informático, grupo de investigación TALIONIS
Logo Xunta de Galicia Política Social
LOGO COLOR
ES_Financiado_por_la_Unión_Europea_RGB_POS