Realidade Virtual

Selección de videoxogos de Realidade Virtual de interese para os CAPD.

Descrición xeral do proxecto

As lentes de realidade virtual poden ofrecer unha experiencia inmersiva e estimulante para persoas con discapacidade. Estas tecnoloxías poden adaptarse para proporcionar contornas virtuais seguras e controladas que permitan ás persoas con discapacidade explorar novos escenarios e actividades de maneira accesible. Por exemplo, poden recrearse situacións da vida cotiá, como ir a compra, permitindo aos individuos practicar e mellorar habilidades sociais e de autonomía dunha maneira virtual antes de enfrontarse a situacións reais. 

Selección de experiencias de realidade virtual adaptadas para persoas con discapacidade. Estas ferramentas permiten explorar contornos seguros e simulados, practicar actividades da vida cotiá e mellorar habilidades sociais e cognitivas en situacións interactivas e motivadoras. 

Os xogos e experiencias foron elixidos en función das necesidades dos profesionais e usuarios, priorizando contidos que reforcen habilidades cognitivas e motoras. Ademais, configuráronse as opcións de accesibilidade para garantir unha experiencia cómoda e inclusiva. 

Deglose técnico do proxecto

O subproxecto de realidade virtual baséase no uso de lentes Meta Quest 3 para ofrecer experiencias inmersivas adaptadas a persoas con discapacidade. Estas ferramentas permiten crear contornas virtuais seguras e controladas que facilitan a exploración de escenarios e actividades de maneira accesible, fomentando tanto a autonomía como as habilidades sociais dos usuarios.

Antes da implementación, realizouse unha primeira selección de xogos e experiencias de realidade virtual, que posteriormente foi avaliada de forma individual polo equipo do proxecto. Este proceso permitiu identificar aqueles contidos máis adecuados e adaptables ás necesidades dos usuarios dos diferentes centros. O criterio de selección priorizou actividades que reforzan habilidades cognitivas e motoras, e aquelas que ofrecen unha interacción motivadora e segura.

Para garantir unha correcta utilización das lentes e maximizar o seu potencial, impartíronse formacións en todos os centros aos profesionais implicados. Estas sesións formativas aseguraron que o persoal coñecese todas as funcionalidades, configuracións de accesibilidade e protocolos de uso, permitindo ofrecer unha experiencia cómoda, inclusiva e efectiva para as persoas participantes.

Equipo de traballo

  • Doutor Jose Carlos Dafonte Vazquez, Enxeñeiro informático, grupo de investigación LIA[2]
  • Paula de Santos Dorrego, terapeuta ocupacional, grupo de investigación TALIONIS
  • Raúl Fraiz Gómez, terapauta ocupacional
  • Manuel Lagos Rodriguez, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Jorge Rivadulla Brey, enxeñeiro informático, grupo de investigación TALIONIS
  • Iago Fernadez Garrido, enseñeiro Informático, grupo de investigación TALIONIS
Logo Xunta de Galicia Política Social
LOGO COLOR
ES_Financiado_por_la_Unión_Europea_RGB_POS