Posta en marcha dunha horta hidropónica accesible, automatizada con control remoto para persoas con discapacidade intelectual.
Creación dunha plataforma de recompilación de xogos que fomentan a estimulación cognitiva.
Desenvolvemento dun xogo terapéutico que simula a realización dunha compra nun supermercado mediante o uso de tecnoloxía NFC.
Personalización para o uso de robots sociais en sesións terapéuticas.
Desenvolvemento de videoxogos personalizados e adaptados, segundo os intereses das persoas con discapacidade intelectual.
Categorización e dotación de videoxogos de interese terapéutico e deseño de adaptacións que permiten o uso accesible.
Fabricación dun armario con luces e sensores para traballar funcións psicomotrices.
Dotación de dispositivos para a creación de salas de festas adaptadas as necesidades das persoas con discapacidade intelectual.
Adaptación do programa Grid que permite a creación de obras de arte mediante o uso da Intelixencia Artificial.
Formación e implementación do uso de impresoras 3D.
Dotación de sensores e dispositivos lumínicos para a creación de ambientes de relaxación e estimulación sensorial.
Selección de videoxogos de Realidade Virtual de interese para os CAPD.
Compilación de aplicacións e xogos para o seu uso en pizarras dixitais interactivas e formación no seu uso.
Configuración adaptada ao uso de asistentes de voz nas diferentes estancias dos CAPD.
Selección e personalización de aplicacións e xogos de interese terapéutico.